A web oficial do concello de Carballo

Nadal nas parroquias | Obradoiro infantil de adobíos de Nadal en Verdillo

28/11/2026
17:00
Centro Social de Verdillo

Nadal en Carballo | A Asociación Cultural Arume de Verdillo propón unha tarde creativa para dar a benvida ao Nadal. Os nenos e nenas poderán aprender a elaborar os seus propios adornos de Nadal, poñendo en marcha a imaxinación e preparando pequenos detalles para decorar a casa nestas festas. A actividade inclúe merenda para todas as persoas participantes.

  • Sábado, 28 de novembro
  • 17.00 h
  • Local Social de Verdillo
  • Dirixido a nenas e nenos
  • Donativo: 5 €.
  • Inscrición: Previa, con prazas limitadas. Reserva a túa no teléfono 669 905 711
  • Data límite de inscrición: 25 de novembro
  • Organiza: A.C. Arume de Verdillo coa colaboración do Concello de Carballo

Non hai campos definidos para este produto.