A web oficial do concello de Carballo

Nadal | Augacamp, campamento infantil

Do 22/12/2026 ata o 07/01/2027
Horario Adaptado
CEIP Fogar

Nadal en Carballo | O Concello ofrece un campamento de Nadal para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares e gozar das mañás compartindo xogos, deporte e novas experiencias. Haberá iniciación á patinaxe, ao hóckey e ao balonmán, xogos cooperativos, manualidades con materiais reutilizados e propostas para descubrir o valor da auga, con experimentos, retos de aforro e unha visita educativa ás instalacións do ciclo integral da auga.

  • Datas: Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
  • Horario: De 09.00 a 14.00 h.
  • Lugar: CEIP Fogar
  • Público: Nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria

 

  • Prazas: 100
  • Prezo: 30 € por todo o campamento
  • Inscricións: A través do código QR do programa. Nestes intres non hai prazas dispoñibles, pero os e as interesadas poden anotarse na listaxe de agarda.

 

  • Organiza: Concello de Carballo
  • Coordinan: Escolas Balonmán Xiria e Escola Lubiáns
  • Patrocina: Gestagua.

Non hai campos definidos para este produto.