A web oficial do concello de Carballo

Xornada sobre a regulación legal da violencia vicaria

26/11/2026
18:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

Un dos actos centrais da programación do 25N será a xornada A violencia vicaria como forma de violencia de xénero: unha ollada á súa regulación legal, que se celebrará o xoves 26 de novembro, ás 18.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Por segundo ano, o Concello de Carballo conta coa colaboración coa Universidade da Coruña para achegar o coñecemento académico á cidadanía e por ofrecer ferramentas que contribúan a comprender mellor as distintas formas de violencia machista e os mecanismos existentes para combatelas.

A actividade contará coa participación de tres especialistas en Dereito Penal que abordarán esta problemática desde diferentes perspectivas, combinando a análise conceptual, a lexislación, a xurisprudencia e a práctica xudicial.

A profesora titular de Dereito Penal da Universidade da Coruña Eva María Souto García, coordinadora da xornada tamén nesta segunda edición, será a encargada de abrila cunha intervención sobre A violencia vicaria en contextos de violencia de xénero: marco conceptual e regulación legal en España.

A continuación, Carlos Suárez-Mira Rodríguez, maxistrado da Sección do Penal do Tribunal de Instancia da Coruña, Praza número 3, ofrecerá unha aproximación xurídico-penal á violencia vicaria desde a lexislación, a xurisprudencia e a práctica.

A terceira intervención correrá a cargo de María Ángeles Fuentes Loureiro, profesora permanente laboral de Dereito Penal da Universidade da Coruña, que abordará unha das cuestións sobre as que tamén quere poñer o foco a campaña municipal deste ano: O maltrato animal vicario en contextos de violencia de xénero.

A xornada rematará cunha quenda de preguntas que permitirá afondar nas cuestións formuladas e favorecer o intercambio de reflexións entre as persoas participantes.

A entrada é libre e de balde.

Non hai campos definidos para este produto.