Hai concertos nos que non é preciso estar sentado nin gardar silencio. «Pitiminí» está pensado precisamente para que os máis pequenos descubran, sintan e experimenten coa música.
Davide González e Iria Pinheiro protagonizarán o mércores 2 de decembro esta nova cita de Apego, un concerto para bebés concibido como unha experiencia sensorial adaptada á primeira infancia.
Melodías e sons servirán para estimular a curiosidade das crianzas e ofrecerlles unha primeira experiencia musical nun ambiente seguro, próximo e acolledor, compartida coas súas familias.
«Pitiminí» está destinado a crianzas de ata 5 anos. Haberá dúas sesións, ás 17.00 e ás 18.30 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, cun máximo de 25 familias en cada unha.
A participación é de balde previa inscrición no formulario inferior.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.