O teatro converterase nunha ferramenta para identificar desigualdades, reflexionar e procurar colectivamente maneiras de transformar a realidade na nova actividade de De landras a carballos.
Marta Ortiz impartirá o venres 20 de novembro un Obradoiro de Teatro da Oprimida, baseado en exercicios, xogos e técnicas procedentes do teatro social.
A través da participación activa, as crianzas poderán reflexionar sobre as desigualdades de xénero, aprender a identificar situacións relacionadas coa violencia de xénero e buscar respostas de maneira conxunta.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de 7 a 10 anos e celebrarase ás 18.00 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Haberá prazas para 15 familias.
A proposta forma parte de De landras a carballos, o programa co que o Concello amplía ata os 12 anos o acompañamento iniciado con Apego, incorporando a educación en igualdade xunto coa promoción do uso do galego.
A inscrición é gratuíta.
15 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.