O andar -1 do Pazo da Cultura acolle a exposición itinerante do XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo, convocado pola Deputación da Coruña para apoiar e dar visibilidade á creación artística contemporánea. A mostra reúne unha selección das obras presentadas nesta edición, entre as que se atopa Intervalo 2024, de Ana Isabel Gesto Beiroa, galardoada co premio principal do certame. As propostas seleccionadas ofrecen unha ollada diversa sobre a creación plástica actual e as distintas linguaxes artísticas. A mostra poderá visitarse do 18 de novembro ao 8 de decembro, no andar -1 do Pazo da Cultura, en horario de 17.00 a 21.00 horas.
Organizan: Deputación da Coruña e Concellaría de Cultura
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.