Novembro con Música | Cantares Atlánticos é un espectáculo que combina o recital de música de cámara coa videocreación, da man da soprano Soledad Vidal e do pianista Aurelio Viribay. Ambos os artistas forman un dúo estable dedicado á interpretación de cancións de cámara en galego. A proposta busca dar a coñecer un repertorio musical singular, creado a partir da poesía galega como única fonte literaria: desde as cantigas medievais ata composicións máis recentes de autores fascinados polas posibilidades poéticas e musicais da nosa lingua. O espectáculo incorpora tamén unha videocreación que dialoga coas melodías e enriquece a experiencia musical.
Ademais o concerto convértese nunha poderosa homenaxe á loita, a resiliencia e a dignidade das mulleres galegas fronte ás diversas formas de violencia e opresión machista ao longo da historia. Unha mensaxe fundamental para este 25N: recoñecer a dor do pasado para reparar, sanar e avanzar cara a un futuro libre de violencias machistas. A actuación está patrocinada pola Concellaría de Igualdade do Concello de Carballo, dentro da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
A partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura | Acceso libre ata completar a capacidade
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.