A web oficial do concello de Carballo

NCM: proxeccion do documental “Crónicas dun non!”

19/11/2026
20:00
Pazo da Cultura

Novembro con Música | Este ano o programa NCM inclúe tamén un espazo para o cinema. Durante os xoves do mes de novembro atoparemos tres olladas detrás da cámara para falar de fotografía, da insubmisión galega ou do Mar Exeo. O xoves 19 de novembro é a quenda da proxección de Crónicas dun non!. A peza, dirixida por Fernando Rodríguez Gómez (Peñaño), aborda o movemento de obxección de conciencia e insubmisión en Galicia durante a década dos noventa.

A partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura | Acceso libre ata completar a capacidade | Duración: 70 minutos

Organiza: Deputación da Coruña e Concellaría de Cultura

Non hai campos definidos para este produto.