A web oficial do concello de Carballo

NCM: 50º aniversario da AC Lumieira con Ailá

06/11/2026
21:00
Pazo da Cultura

Novembro con Música | A Asociación Cultural Lumiera celebra o seu medio século de vida cunha cita moi especial. A música de raíz galega será a protagonista do concerto que Ailá ofrecerá ao abeiro deste aniversario. A formación compostelá, nacida ao abeiro das foliadas da Casa das Crechas, presenta unha proposta que parte do respecto pola tradición e pola música patrimonial galega, pero que se abre a outras culturas e sonoridades, mesturando ritmos e influencias de diferentes lugares. O grupo está integrado por Ángela Carou, Manuele Pardo, Manuela Fraguela e Xan Pampín.

O concerto servirá tamén para lembrar a Xosé Manuel Eirís, cando se cumpren 30 anos do seu pasamento.

A partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura | Acceso libre ata completar a capacidade

Organiza: AC Lumieira | Patrocina: Fundación Luis Calvo Sanz | Colabora: Concello de Carballo

Non hai campos definidos para este produto.