O alumnado dos centros escolares de Carballo terá ao seu dispor o Programa Concilia para o día non lectivo do 2 de novembro de 2026, dende a hora de entrada habitual ao servizo ate o fin da xornada lectiva do colexio (7:00 a 14:30 horas), co custe adicional establecido na Ordenanza municipal de 10,40€ por día, con servizo de almorzo incluído.
O servizo desenvolverase en Pequeñis (Rúa Álvaro Cunqueiro n.º1, baixo esquina) Carballo, onde as familias deberán deixar e recoller aos nenos/as.
Se desexa utilizar o servizo, deberá cubrir a solicitude que se achega. As anulacións de reserva ou a non asisitencia, posteriores a finalización da data de solicitude suporán o aboamento do servizo. Dado que o número de prazas é limitado, a adxudicación farase por orde de inscrición.
Se desexa máis información póñase en contacto co Centro de Información a Muller. Servizos Sociais do Concello de Carballo, nos teléfonos 981 700 688/638123460
DATA LÍMITE DE RESERVA: 29 DE OUTUBRO DE 2026 ÁS 23:59 HORAS.