A web oficial do concello de Carballo

A compañía TrinkeTrinke presenta “O cole de Lonxedetodo”

28/10/2026
Horario Adaptado
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Os Ratos de Lonxedetodo, da compañía TrinkeTrinke Teatro, volven á biblioteca Rego da Balsa co espectáculo O cole de Lonxedetodo.

A ratiña Faifá vai lembrar o seu primeiro día na escola de Lonxedetodo, o medo que tivo que vencer ao despegarse da súa mamá e como, co paso dos días, foi descubrindo unha chea de actividades gratificantes.

Contos: Matias dibuja el sol. Martinez, Rocio. Ekare, 2006. As tres curuxiñas. Martin Waddell. Kalandraka. 2017.

PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior.

IMPORTANTE:

  • No caso de que as prazas estean esgotadas, as familias interesadas en anotarse nunha listase de agarda deberán chamar ao 981 758 580.
  • Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos.
  • Pregamos puntualidade.
  • biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
  • Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao teléfono 981 758 580.
Non hai campos definidos para este produto.