#35 FIOT | O andar -1 do Pazo da Cultura acolle a exposicion Zoom FIOT, unha ollada privilexiada ao corazón dos espectáculos da anterior edición do FIOT a través dunha selección de imaxes que capturan a esencia e parte da cara menos visible do festival, inmortalizando vivencias únicas que o público non pode ver habitualmente. Os fotógrafos participantes nesta mostra son Antonio Fernández, J. Juan Pérez, Criss Becerra, J. Manuel Pérez, Daría García, María Barca e Marcos Rodríguez.
Achégate e descubre, a través destas fotografías, outra mirada sobre o FIOT e os momentos que suceden máis alá do escenario. Poderá visitarse até o 8 de novembro de luns a sábado de 17.00 a 21.00 horas.
📷 © Vanessa Rábade
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.