Como actuar ante unha situación de acoso escolar? Que podemos facer para cambiala? As crianzas terán a oportunidade de reflexionar sobre estas cuestións a través do teatro en «Pasando a bóla. Xogando para cambiar», a nova proposta do programa De landras a carballos.
A actividade, a cargo de A Xanela do Maxín, celebrarase o venres 16 de outubro, ás 18.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas.
O xogo dramático funcionará como ferramenta para explorar diferentes respostas fronte ao acoso escolar. Despois da representación das escenas, as persoas participantes deixarán de ser simples espectadoras para intervir na procura de solucións. O obxectivo é que as crianzas non só identifiquen determinadas situacións, senón que descubran que tamén poden converterse en axentes de cambio.
A proposta está dirixida a nenos e nenas de 6 a 11 anos e conta con 25 prazas para familias.
De landras a carballos dá continuidade ao traballo iniciado con Apego e acompaña ás familias durante a etapa de Primaria, combinando o apego á lingua coa educación en igualdade.
A actividade é gratuíta e require inscrición previa no formulario inferior.
24 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.