A web oficial do concello de Carballo

Obradoiros de costura creativa e upcycling para persoas adultas e nenos/as

Do 08/10/2026 ata o 18/11/2026
11:00
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

O Concello da Carballo pon en marcha neste mes de outubro un ciclo de obradoiros de costura creativa e upcycling téxtil para achegar á veciñanza ferramentas prácticas co fin de alongar a vida útil do noso armario e transformar a nosa relación coa moda a través do deseño circular.

A proposta parte dunha idea sinxela: a peza máis sustentable é a que xa temos. Fronte a unha industria da moda que figura entre as máis contaminantes e a uns millóns de toneladas de téxtiles que se desbotan cada ano aínda con vida útil, os obradoiros apostan pola economía circular: reparar, transformar e re-imaxinar.

O ciclo comeza o vindeiro xoves 8 de outubro cun obradoiro de 2,5 horas pensado para quen quere perder o medo á agulla e gañar autonomía co costureiro:

  • Xoves 8 de outubro, de 11:00h a 13:30h– Primeiros pasos na costura. Coñecemento das ferramentas básicas, como enfiar a agulla, facer nós de remate e practicar as puntadas fundamentais (hilván, punto atrás e sobrehilado). Cada participante elaborará un mostrario de puntadas físico que servirá de guía de consulta.
  • Venres 9 de outubro, de 11:00h a 13:30h– Aprende a reparar. Como coser distintos tipos de botóns, colocar corchetes e realizar reparacións e reforzos de costuras, para evitar que unha peza remate no lixo por un pequeno estrago que se pode amañar facilmente.
  • Venres 23 de outubro, de 11:00h a 13:30h– Baixos e acabados. Toma de medidas, marcado e alfinetado, baixo sinxelo e baixo invisible, con técnicas específicas para o groso do tecido vaqueiro. Cada participante axustará o baixo dunha peza propia traída da casa. As persoas que o desexen tamén poderán levar a súa propia máquina de coser.
  • Venres 30 de outubro, de 11:00h a 13:30h– Customiza a túa roupa. Converter unha peza esquecida nunha xoia exclusiva, explorando a autoexpresión e o consumo responsable.
  • Mércores 18 de novembro, de 11:00h a 13:30h– Crea a túa tote bag. Tranformar un pantalón denim en desuso nunha bolsa resistente e funcional, aproveitando elementos orixinais como petos e costuras.

 

Unha sesión para nenos/as de entre 6 e 12 anos: monicreques de upcyling

  • Sábado 17 de outubro, de 11:00h a 13:30h– Monicreques de Upcycling. Con calcetíns que quedaron orfos, as crianzas crearán o seu propio monicreque, ao que lle poñerán nome, superpoder e voz, e ao que darán vida cunha historia teatral
    propia. Trabállase a motricidade fina, a expresión oral e a conciencia ambiental, para que os máis novos entendan que o «lixo» de hoxe pode ser o recurso de mañá.

 

Importante: a inscrición leva implícito o compromiso de asistencia. As persoas que teñan praza e, por calquera motivo, non poidan asistir deberán comunicalo coa antelación suficiente no correo electrónico info@sihaho.com

banner biorresiduos

Non hai campos definidos para este produto.