A web oficial do concello de Carballo

Exposición colectiva “A etérea fraxilidade humana”, de artistas vinculados/as a Carballo

Do 12/06/2025 ata o 12/07/2025
17:30
Pazo da Cultura
Sete artistas de Carballo e da comarca de Bergantiños únense para artellar a exposición colectiva “A etérea fraxilidade humana”, na que creadores/as ben coñecidos/as do panorama artístico unen a súa creatividade arredor do mesmo leitmotiv. O público atopará obras de Milagros Cotelo, Cristina Castro, Isabel Soutullo, XMN (Maribel Castiñeira), Loli España, Jesús ArtÉxtasis e Mon Lendoiro. Ademais das obras individuais, a exposición conta con instalacións colectivas e poemas de Rosalía Fernández Rial, Modesto Fraga, Xaquín Silva, Pura Tejelo e Jesús ArtÉxtasis.
O acto de inauguración terá lugar o xoves 12 de xuño ás 21.00 horas na Sala de Exposicións Alberto Gende, situada no terceiro andar do Pazo da Cultura. A cita contará coa amenización da soprano Susana de Lorenzo.
A mostra, organizada pola Concellaría de Cultura, poderá visitarse de luns a sábado de 17.30 a 20.30 horas até o 12 de xullo.

Folleto da exposición

No field defined for this product.