A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Presentación do libro-CD “Fran Pérez, NARF. Canto sentido”

22/10/2026
20:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | Cando se cumpren 10 anos do falecemento de Fran Pérez “NARF”, amigos e outros músicos próximos promoven a edición dun libro-CD que rende homenaxe a este importante cantante e compositor galego, recoñecido pola orixinalidade e riqueza da súa obra e pola incorporación de múltiples influencias sonoras ao rock. Fran Pérez, NARF. Canto Sentido reúne voces e lembranzas arredor da súa traxectoria, na que tamén cultivou unha estreita relación co teatro, compoñendo a música para máis de 30 espectáculos.

Editado por aCentral Folque, nesta publicación colectiva participan, entre outros, Quico Cadaval, Xelís de Toro, Carlos Santiago, Uxía ou Pepe Sendón.

Achégate a esta presentación e comparte a lembranza e o legado dunha das figuras máis singulares da música galega contemporánea.

  • Xoves 22 de outubro
  • 20.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Acceso libre

Non hai campos definidos para este produto.