A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Presentación do libro “A música dos desprazados”

22/10/2026
19:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | O investigador Javier Gándara Feijóo presenta A música dos desprazados. Teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII, que revela unha Galicia interconectada, plural e culturalmente dinámica, á vez que reflexiona sobre o papel das artes escénicas na construción da nosa identidade cultural. O libro explora as relacións entre teatro lírico, música e galeguidade durante o século XVIII. Publicado por aCentral Folque, Gándara percorre a realidade e a ficción escénica da época para descubrir a unha Galicia moi afastada da imaxe dun territorio illado e pobre.

O FIOT abre un espazo para pensar o teatro máis alá do escenario, achegándose á investigación sobre o papel que as artes escénicas desempeñaron na construción da nosa identidade cultural. Un encontro coa historia para comprender mellor a relación entre escena, música e galeguidade. Acompañará ao autor o editor Ramon Pinheiro, de aCentral Folque.

  • Xoves 22 de outubro
  • 19.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Acceso libre

Non hai campos definidos para este produto.