A web oficial do concello de Carballo

Queres actuar nun espectáculo do FIOT? Anótate no Obradoiro “Morder a lingua”

Do 15/10/2026 ata o 18/10/2026
10:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | Queres actuar nun espectáculo do FIOT? Imos facer un pequeno obradoiro coa compañía especializada en teatro comunitario La Rueda Teatro Social. As persoas participantes intervirán na representación que terá lugar o 18 de outubro no Auditorio do Pazo da Cultura. Trátase dun proxecto interxeracional no que, ademais dos membros da compañía, participarán mozos e mozas entre 15 e 24 anos e maiores de 60. O tema é exclusivo: a sexualidade. Pretende romper tabús e tender pontes entre xeracións.

Anímate a participar e forma parte dun espectáculo do FIOT desde dentro!

  • Do 15 ao 18 de outubro
  • Pazo da Cultura
  • Participación de balde con prazas limitadas. Recoméndase inscrición previa en <fiot.carballo@gmail.com>.

Non hai campos definidos para este produto.