#35 FIOT | As recoñecidas teatreiras Areta Bolado e Ailén Kendelman, ex integrantes de A Panadaría, ofrecen a oportunidade de participar no proceso de creación que inaugura a súa nova compañía Torta Torta, Manchas de sangue, coproducida polo Centro Dramático Nacional e que estrearán en xaneiro. Desde o humor acedo e reivindicativo que as caracteriza como creadoras, fan unha viaxe polo tempo e os derramamentos de sangue, desde os mitos e tabús sobre a menstruación ata os horrores da guerra.
As participantes explorarán o humor como ferramenta para o pensamento crítico, a improvisación ou o xogo coas convencións teatrais. Unha oportunidade para divertirse e coñecer como se fai unha obra de teatro.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.