A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Escola do Espectador nas Ondas con Titzina Teatro e Daniel Galindo

29/10/2026
20:00
-

#35 FIOT | O Pazo da Cultura acolle o encontro de Titzina Teatro con Daniel Galindo, xornalista cultural e director do programa La Sala (RNE), sobre a creación da obra Disección de la bondad en tres actos. A Escola do Espectador nas Ondas reúne membros de equipos artísticos do programa para conversar sobre os seus proxectos e “segredos” con xornalistas especializados, achegando unha visión profunda e accesible sobre as obras do Outono de Teatro.

Os encontros presenciais grávanse en formato podcast, e queda posteriormente dispoñible na web do FIOT para poder escoitalo en calquera momento. Coa incorporación dos recursos dixitais, esta proposta formativa, creada hai xa moitos anos, amplía os seus públicos e facilita a comprensión e valoración dos espectáculos.

Achégate e comparte esta conversa arredor do teatro, a creación e as claves dunha das propostas do FIOT.

  • Xoves 29 de outubro
  • 20.00 h.
  • Salón social do Pazo da cultura
  • Acceso libre sen necesidade de inscrición.

 

📷 © Vanessa Rábade

Non hai campos definidos para este produto.