A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Café con… Chévere

03/10/2026
18:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | Unha charla entre espectadores e compañías arredor dun café, unha oportunidade única para achegarse aos equipos artísticos e coñecer de primeira man o seu traballo e o proceso creativo. Este sábado, o Café con… ten como protagonistas a Chévere, compañía que presenta no FIOT ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao).

Un encontro para conversar coa compañía arredor do espectáculo, da súa creación e das cuestións que aborda, nun ambiente próximo e distendido. Achégate, toma un café con Chévere e comparte con eles a experiencia de vivir o teatro desde dentro.

  • Sábado 3 de outubro
  • 18.00 h.
  • Pazo da cultura
  • Acceso libre

Non hai campos definidos para este produto.