A web oficial do concello de Carballo

Inauguración da exposición ZOOM FIOT 2025

01/10/2026
19:30
Pazo da Cultura

#35 FIOT | O xoves 1 de outubro inauguramos a exposición ZOOM FIOT 2025, unha ollada privilexiada ao corazón dos espectáculos da anterior edición do Festival Internacional Outono de Teatro a través dunha selección de imaxes que capturan a esencia e parte da cara menos visible do festival, inmortalizando momentos únicos que o público non pode ver. Os fotógrafos participantes nesta mostra son: Antonio Fernández, J. Juan Pérez, Criss Becerra, J. Manuel Pérez, Daría García, María Barca e Marcos Rodríguez.

Achégate e descubre, a través das súas fotografías, outra mirada sobre o FIOT e sobre todo aquilo que sucede máis alá do escenario.

  • Xoves 1 de outubro
  • 19.30 h.
  • Andar -1 do Pazo da cultura
  • Acceso libre

 

📷 ZOOM FIOT da edición de 2025 | © Vanessa Rábade

Non hai campos definidos para este produto.