O ciclo Carballo na Memoria enlazará este xoves coa programación da Noite Europea das Persoas Investigadoras a través dun encontro interxeracional de historiadores e historiadoras de Carballo.
Na actividade participarán Xan M. Fraga Rodríguez, Margarita Barral Martínez e Hadrián García Pérez, tres xeracións unidas pola investigación e a divulgación da historia local. O encontro estará moderado por Candela Lola Battiato Miñones.
A cita permitirá achegarse ao pasado de Carballo desde diferentes perspectivas e poñer en valor a investigación histórica como ferramenta para coñecer, conservar e transmitir a memoria colectiva.
O encontro celebrarase ás 19.00 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas e está dirixido ao público xuvenil e adulto. A entrada é libre e de balde.
A actividade forma parte da Noite Europea das Persoas Investigadoras e do proxecto TALK0, financiado pola Unión Europea, e conta coa colaboración da Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.