A web oficial do concello de Carballo

Semana da Mobilidade: a oca da igualdade

22/09/2026
17:00
Praza do Concello

A Semana Europea da Mobilidade incorporará tamén unha mirada á igualdade no uso e na convivencia no espazo público coa celebración da Oca da Igualdade.

A actividade desenvolverase o martes 22 de setembro ás 17.00 horas na Praza do Concello e consistirá nun xogo por equipos no que as persoas participantes deberán ir superando diferentes probas para avanzar polo taboleiro ata chegar á casiña final.

O obxectivo é aprender, reflexionar e poñer a proba os coñecementos sobre igualdade e feminismo a través dunha proposta participativa e adaptada ao espazo público.

A súa inclusión na Semana Europea da Mobilidade contribúe a ampliar a mirada sobre o concepto de mobilidade e sobre quen utiliza as rúas, as prazas e os equipamentos urbanos, incorporando tamén a perspectiva da igualdade á reflexión sobre a cidade.

Participación libre e de balde para todas as idades.

Non hai campos definidos para este produto.