A web oficial do concello de Carballo

Semana da Mobilidade: aprende a andar en bici

21/09/2026
17:00
Pazo da Cultura

A Semana Europea da Mobilidade quere eliminar tamén unha das barreiras máis básicas para utilizar a bicicleta: non saber andar nela.

Por iso, o luns 21 de setembro, ás 17.00 horas, o aparcadoiro do Pazo da Cultura acollerá o taller práctico “Aprende a andar en bici”, unha proposta aberta a persoas de todas as idades.

A actividade está pensada especificamente para quen nunca tivo a oportunidade de aprender e parte dunha idea moi sinxela: a idade non debe ser un impedimento para adquirir unha habilidade que pode ampliar as posibilidades de mobilidade, autonomía e actividade física.

Non se precisan coñecementos previos. Tal e como recolle a propia convocatoria, o único requisito é ter ganas de aprender.

A inscrición debe realizarse no formulario inferior.

6 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.