A web oficial do concello de Carballo

Semana da Mobilidade: seguridade viaria con Apego

16/09/2026
Horario Adaptado
Mercado municipal

Os nenos e nenas de ata seis anos serán os protagonistas o mércores 16 de setembro dunha actividade específica de seguridade viaria integrada na Semana Europea da Mobilidade.

O primeiro andar do mercado municipal acollerá un circuíto de aprendizaxe con quendas ás 17.00, 17.30, 18.00, 18.30 e 19.00 horas.

A actividade está coordinada polo Club Ciclista Carballo e a Policía Local, coa colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística a través do programa Apego.

O obxectivo é introducir desde as primeiras idades hábitos básicos de mobilidade segura dun xeito lúdico e adaptado. A inscrición realizarase no formulario inferior.

Non hai campos definidos para este produto.