A web oficial do concello de Carballo

FIOTeen: “Caballito de mar” de Flyhard Produccions

14/10/2026
11:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT “Mirar máis alá dos prexuízos, historias que tamén forman parte do noso presente”

Martí ten vinte anos e desde hai un ano iniciou a súa transición e comezou a tomar testosterona para modificar o seu corpo. A súa vida dá un xiro inesperado cando descobre que está embarazada. Mentres toma unha decisión, reflexiona sobre o seu corpo, a súa transición e os códigos de xénero establecidos. Caballito de mar ou o peixe invisible vai máis alá do embarazo adolescente non desexado e da visibilidade das identidades non cisheteronormativas. É tamén unha celebración dos corpos. De todos os corpos.

Este multipremiado monólogo profundamente humano, cunha interpretación maxistral a cargo de Marc Torres, é un espectáculo delicado e conmovedor, unha viaxe persoal na que o íntimo se converte tamén nunha reflexión sobre a diversidade, os afectos e a liberdade de ser.

Flyhard é unha produtora con sala propia en Barcelona que produce obras a partir de dramaturgos cataláns contemporáneos.

  • Mércores 14 de outubro
  • 11.00 h
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Función escolar
  • Duración: 75 minutos
  • Alumnado de Bacharelato e Ciclos Superiores de FP

 

*España en Libertad | La Red española de Teatro, Auditorios, Circuitos y Festivales | MINISTERIO DE CULTURA, Instituto Nacional de Artes Escénicas y Música

Non hai campos definidos para este produto.