Do 11 ao 13 de setembro, a zona do Rego da Balsa volverá converterse nun gran escaparate comercial ao aire libre, con propostas de máis dunha trintena de establecementos e descontos de ata o 80% en moda, calzado, deporte, alimentación, xoguetes, complementos, segunda man e moito máis, porque volve o MercaEdillo do CCA.
A feira contará este ano con 21 stands, aos que se sumarán 16 establecementos que participarán desde os seus propios locais. En total, máis de 35 negocios estarán implicados directamente nunha das principais citas comerciais do calendario carballés. Como apuntou o alcalde, Daniel Pérez, “o MercaEdillo é unha cita consolidada porque detrás hai un comercio local dinámico, que sabe renovarse e buscar novas fórmulas para atraer público. Desde o Concello queremos seguir acompañando ese esforzo, porque cada persoa que escolle mercar en Carballo está contribuíndo a manter actividade económica, emprego e vida nas nosas rúas. E iso é especialmente importante nunha vila que sempre tivo no comercio e nas feiras unha parte esencial da súa identidade”.
Actividades infantís
O MercaEdillo 2026 incorpora, ademais, novas propostas para o público infantil. O sábado pola tarde será a quenda dos obradoiros de galletas artesanais, unha actividade dirixida por Dobbo´s
Cookies, pensada para que os nenos e nenas poidan experimentar, crear e divertirse arredor da elaboración de galletas. Haberá dúas quendas de 45 minutos, a primeira das 18.30 ás 19.15 horas e a segunda das 19.30 ás 20.15 horas. A actividade estará dirixida a nenos e nenas de 5 a 10 anos, debido ás características e ao manexo dos materiais empregados. Para garantir un correcto desenvolvemento do obradoiro, a capacidade estará limitada a un máximo de 8 participantes por quenda.
E o domingo 13 volverá unha das actividades máis singulares do MercaEdillo: a VI Pequefeira, que se desenvolverá de 12.00 a 14.00 horas. Durante dúas horas, o recinto do Rego da Balsa converterase nun pequeno mercado no que os nenos e nenas serán os protagonistas. Poderán poñerse detrás do mostrador e vivir a experiencia de ser comerciantes por un día, ofrecendo produtos elaborados por eles mesmos ou artigos que recompilen nos seus fogares.
Para participar nesta actividade así como no obradoiro de galletas será necesaria inscrición previa enviando un correo a info@ccacarballo.com, cos datos de contacto, nome, apelidos e idade do participante. A actividade estará condicionada á inscrición dun número mínimo de participantes.
Venres 11: 10.00–14.00 h | 16.30–20.30 h
Sábado 12: 10.00–14.00 h | 16.30–20.30 h
Domingo 13: 10.00–14.00 h | 16.30–19.00 h
Obradoiros de galletas artesanais: sábado 12, ás 18.30 e 19.30 h.
VI Pequefeira: domingo 13, de 12.00 a 14.00 h.
A Fragua · Akira · Atelier · Atmósfera Sport · Benetton · Buy&Sell · Casa Curtis · Ceibo Café de Especialidade · Dobbo’s Cookies · DV Carballo · La Casita de Lu · Madeixalazos · Merliño Xoguetería · Moda Suárez · O Barco dos Soños · www.regalosypersonalizados.com · Retoños · Sweet Spirit · UPA! Espazo Barefoot · Zocas · Zuccaro.
A Saia da Carolina · Aloe Herboristería · Cenor · Confecciones San Juan · Doces Soños · D&A Complementos · Ekaté · Emiliano Moda · Jorge Moda · Lenda · Lencería Mª José · Necos Moda Infantil · Ópticalia Enríquez · Refugallo Zero · Teirón · Zapatillería Isabel
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.