A web oficial do concello de Carballo

FIOT – M²: “Planeta pop: a alien que se converteu en superestrela” de Aterradas

24/10/2026
12:00
Sweet Spirit Moda infantil

#35 FIOT  ESTREA ABSOLUTA“A Terra desde unha mirada alieníxena”

Unha alieníxena chega á Terra cun soño: converterse nunha superestrela do pop. Dúas investigadoras moi fanáticas conseguen recompoñer a súa historia e agora compártena co mundo. A través da comedia, a música o teatro-documento e a tecnoloxía percorren o camiño da extraterrestre e os seus obstáculos: a precariedade da industria musical, a adaptación aos costumes terrestres ou a necesidade de conservar un traballo.

Esta é a primeira peza de creación propia da compañía emerxente Aterradas, unha divertida historia de divas e fans obsesivas, artistas alternativas e mánagers aproveitados.

  • Sábado 24 de outubro
  • 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h
  • Sweet Spirit Moda Infantil (Valle-Inclán, 14)
  • Duración: 15 minutos
  • Capacidade: 15 persoas
  • Todos os públicos (+12 anos)
  • Acceso gratuíto ata completar aforo. Debido á limitación dos espazos, recoméndase reservar praza escribindo a <fiot.microteatroentrada@gmail.com> indicando: nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa espectadora e teléfono de contacto.

Non hai campos definidos para este produto.