#35 FIOT | “Nunca é tarde para desafiar a gravidade”
Unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta flotando no aire… Canto tempo máis pode ser trapecista? A artista aérea, actriz e creadora do espectáculo acudirá ao máis alto, desde os aéreos de circo, aos equilibrios máis delicados, á danza, ao ímpeto dunha batería ou á forza do flamenco para falar de cambios, de transformación, de envellecemento… Circo, música, baile, amor e humor.
Sue Moreno leva máis de dúas décadas explorando a fusión das artes escénicas e fai da súa propia experiencia o punto de partida dunha proposta tan íntima como universal que reivindica a madurez.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.