A web oficial do concello de Carballo

FIOT en Ruta: “As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante” de Isabel Risco

18/10/2026
18:00
Centro Social de Verdillo

#35 FIOT | “Pensabades que Nabiza Girl morrera, pero estaba de parranda!”

A superheroína galega regresa acompañada do seu inseparable Don Galizo para enfrontarse a unha nova misión: salvar a cultura. Nesta odisea, Isabel Risco e Alberte Bello mergúllannos nunha sucesión de situacións disparatadas nas que se servirán do humor, da retranca e da sátira para reivindicar o feminismo, a lingua ou o noso medio. Unha comedia valente, irreverente e chea de gargalladas que confirma o regreso dunha das heroínas máis singulares e queridas do teatro en Galicia.

Actriz, clown e creadora, Isabel Risco é unha das figuras máis recoñecibles do humor galego, cunha ampla traxectoria no teatro e na televisión.

  • Domingo 18 de outubro
  • 18.00 h
  • Centro Social de Verdillo
  • Entrada: 5 €
  • Público adulto (+12 anos)
  • Duración: 70 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.