A web oficial do concello de Carballo

FIOT en Ruta: “Vidas enterradas” de L’Om Imprebís, Micomicón Teatro, Teatro Corsario e Teatro del Temple

11/10/2026
12:30
Contorna do Cemiterio de Bértoa

#35 FIOT | “A terra agocha esas palabras caladas, parece que está muda. Pero se a abres, podes oír”

Fotografías, cartas, cadernos ou recordos compartidos poden devolverlle o nome a quen a historia quixo borrar. Este conmovedor espectáculo rescata a vida e a morte de persoas asasinadas durante a Guerra Civil e o Franquismo. Os recordos seguen vivos nos seus fillos, veciños ou compañeiros, e son eles quen rompen o silencio para rescatar esas historias silenciadas.

A partir dunha premiada serie radiofónica, seis importantes dramaturgos e catro compañías de referencia na escena española que xa pasaron polo FIOT, únense para levar á escena este impactante exercicio de teatro documental construído cun caleidoscopio de relatos e monólogos, que compón un profundo mapa emocional sobre un silencio que comeza a romper.

  • Domingo 11 de outubro
  • 12.30 h
  • Bértoa, contorna do cemiterio (en caso de choiva, informarase de nova ubicación)
  • Entrada: 5 €
  • Público adulto (+12 anos)
  • Duración: 80 minutos

 

*España en Libertad | La Red española de Teatro, Auditorios, Circuitos y Festivales | MINISTERIO DE CULTURA, Instituto Nacional de Artes Escénicas y Música

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.