#35 FIOT | “Pódoche facer unha pregunta? Ti que idade tiñas cando soubeches que a xente podía morrer?”
Un feito sorprendente, unha voda e un enterro celebrados o mesmo día, é o punto de partida dunha historia sobre a morte desde a mirada da infancia. Esta autoficción vai recreando as fotografías que unha nena de 11 anos tirou ese propio día. Con tenrura, humor, técnicas de fotografía ao vivo e efectos analóxicos, a obra crea un universo do que todos os espectadores formarán parte e que transita entre a memoria da infancia, a perda, a despedida e a necesidade de conservar aquilo que o tempo ameaza con borrar. Hai lembranzas que permanecen para sempre, mesmo cando non quedaron retratadas.
O FIOT está feliz de ofrecer a versión en gran formato desta obra que tivemos a ocasión de ver nacer en 2023 no ciclo M², e que os espectadores premiaron coa mellor interpretación. É o debut da compañía de recente creación encabezada por Carlota Mosquera.
*Premio á Mellor Interpretación no Certame M² FIOT 2023
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.