#35 FIOT | Nada está escrito. Ou, mellor dito, todo está por escribir. As palabras e ideas escritas polo público nunha tarxeta son a orixe de historias que nacen e medran sobre o escenario sen guión nin rede de seguridade. O público forma parte do xogo e cada función é irrepetible.
Gargalladas garantidas nun show de comedia improvisada onde a única certeza é que todo pode pasar. Con ritmo frenético, humor e unha enorme capacidade para sorprender, estes improvisadores mentalmente inestables constrúen en directo unha sucesión de escenas tan inesperadas como divertidas.
E a partir das 00.00 h, DJ Maikel!
Remataremos a Rúa dos Contos bailando. DJ Maikel leva case dúas décadas facendo soar a música independente e electrónica. É un colaborador de Mondo Sonoro e de Soando Con Forza de Que Pasa na Costa.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.