#35 FIOT | Que teñen en común a infancia dos 90, a tecnoloxía, as tradicións e as pequenas contradicións do día a día? Adrián do Regenco e Pablo Alvite, expoñentes da nova era da retranca galega, dannos a resposta nunha hora de humor na que alternan monólogos, improvisación e interacción co público para demostrar que a mellor maneira de entender a realidade segue sendo rir dela.
Situacións cotiás, relacións persoais, cambios sociais… de todo iso falarán entre gargalladas. Estanse adaptando á vida adulta, ou é a vida adulta a que se adapta a eles?
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.