#35 FIOT | Verso e combate. Activista da palabra armada e creadora de reguetón feminista, a súa palabra pódese volver salvaxe. A poesía pode chegar a calquera público. E ser un refuxio. Lúa Mosquetera sobe ao escenario cunha palabra que nace da necesidade de nomear o mundo. Feminismo, precariedade ou empoderamento atravesan un recital onde o “spoken word” –a medio camiño entre o rap e a poesía recitada– convive coa música de Pablo Seijas, creando un espazo emocionante e íntimo para deterse, escoitar e deixar que o tempo pase.
Campioa da Poetry Slam de Compostela e Premio ARitmar, Mosquetera está consolidada como unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.