A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Rúa dos Contos: “O chou” de Sobria e Serena

27/09/2026
20:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | “Máis dunha hora de risoterapia inspirada polas mellores parellas cómicas da historia”

Que pode saír mal cando dúas cómicas deciden compartir escenario? Imos descubrilo! Dúas das voces máis destacadas da nova comedia galega únense por primeira vez nun mesmo espazo. Porque o bo, se dobre, dúas veces bo! Monólogos, improvisación, sketches visuais e unha química irresistible mestúranse para mirar o mundo desde un punto de vista tan afiado como disparatado. Unha proposta que ri de todo, empezando por elas mesmas.

Cunha sólida traxectoria sobre as táboas, na televisión e nos escenarios da comedia, as dúas artistas constrúen un diálogo áxil e inesperado no que cada historia conduce á seguinte sen que te decates. Combinan observación, sátira, conexión, desvergonza e moita personalidade para ofrecer máis dunha hora de gargalladas. Porque, como elas mesmas defenden, entre broma e broma sempre acaba asomando algunha verdade…

  • Domingo 27 de setembro
  • 20.00 h
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 10 €
  • Público adulto
  • Duración: 90 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.