A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Rúa dos Contos: “O que non estaba escrito” de Carmen Conde

02/10/2026
21:00
Café Colón

#35 FIOT | Curas que namoran, faixas de millóns en casas de pobres, bebés nacidos de hortas ou mulleres evanxelizadoras do pracer forman parte dunha escolma na que a vida máis anónima raia no improbable e a maior normalidade choca co delirio.

Durante vinte anos, Carmen Conde percorreu Galicia escoitando historias que nunca chegaron a escribirse. Desa memoria oral nace esta sesión de historias; serán reais ou imaxinadas?

E cada función ten o seu propio relato: o repertorio escóllese para a ocasión.

  • Venres 2 de outubro
  • 21.00 h
  • Café Colón
  • Entrada: 5 €
  • Público adulto (+16 anos)

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.