A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Rúa dos Contos: “Laretadas” de Josito Porto

24/09/2026
21:00
Mesón do Pulpo

#35 FIOT | Hai quen conta contos. A Josito gústalle laretar: divagar, esbardallar, defender con absoluta convicción teorías das que nin el mesmo está demasiado seguro. Falar coma se soubese, pero sen ter nin idea. Así son as súas Laretadas, un espectáculo no que o importante non é chegar ao final. Está claro como empeza, pero ninguén adiviña como pode rematar.

Humor, improvisación e unha retranca afiada sen corsés. Unha ollada persoal que converte cada función nunha experiencia única e imprevisible.

  • Xoves 24 de setembro
  • 21.00 h
  • Mesón do Pulpo
  • Entrada: 5 €
  • Público adulto (+14 anos)

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.