A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Rúa dos Contos: “Hamelín” de Fran Rei

23/09/2026
18:00
Residencia de Maiores de Carballo

#35 FIOT | Ratos! Ratos! Ratos! Hamelín está cheo de ratos! E se o conto non foi como nolo contaron? Todos os nenos e nenas seguiron ao frautista? Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar os rapaces. E sabedes que facía tan especial a esta nena? Narración oral, maxia, humor e unhas faíscas de lingua de signos. Unha revisión da popular lenda para pór en valor a diversidade e a integración que demostra que, ás veces, abonda con mirar o mundo doutro xeito para cambialo.

Esta actuación, adaptada para o FIOT, é un convite especial do festival para os usuarios dos centros de maiores de Carballo e da asociación AFABER.

  • Mércores 23 de setembro
  • 18.00 h
  • Residencia de Maiores de Carballo
  • Entrada: 2 €
  • Público familiar

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.