A web oficial do concello de Carballo

Presentación do libro infantil “Sueños: una lección sobre la soledad y la amistad”

10/09/2026
17:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa
A Biblioteca Rego da Balsa acolle a presentación literaria de “Sueños: una lección sobre la soledad y la amistad”, de Jaime Rafael Contreras Lorenzana.
A obra propón unha historia protagonizada por Coello e Mono, que descobren un libro máxico que os conduce a unha aventura na que aprenderán o valor da verdadeira amizade, a importancia de saber escoitar e a necesidade de atopar a propia luz mesmo nos momentos de soidade.
A actividade está pensada para todos os públicos a partir de 4 anos e terá unha duración aproximada de hora e media.
A presentación celebrarase no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa, con entrada libre e gratuíta ata completar capacidade. Desde a biblioteca recoméndase puntualidade e lémbrase que será necesario seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. A organización resérvase o dereito de admisión unha vez iniciada a actividade.
Con esta proposta, as Bibliotecas de Carballo continúan apostando por unha programación cultural e literaria aberta a públicos de todas as idades, fomentando o achegamento aos libros e á lectura desde a infancia.

Non hai campos definidos para este produto.