#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA | “Nun momento necesitado de inspiración, esta é unha arriscada aposta por combinar o desexo de coñecemento profundo da alma co ritmo, a risa e o sentimento lúdico da festa do teatro”
Poucos actores son capaces de converter un escenario baleiro nun universo enteiro. Rafael Álvarez, El Brujo, presenta un enxeñoso monólogo no que humor, palabra, xesto, improvisación e reflexión se dan a man para revisitar a figura de Xesús desde unha perspectiva pouco habitual. O espectáculo propón un diálogo entre os evanxeos, a filosofía oriental e a tradición do ioga, explorando as grandes preguntas sobre a conciencia, a espiritualidade e a condición humana. Quizais sexa o seu espectáculo máis arriscado.
El Brujo bebe da tradición dos antigos xograres e da influencia de Dario Fo para construír unha proposta tan profunda como divertida, na que a música en directo completa a experiencia teatral e onde a palabra, o humor e a emoción dialogan con naturalidade.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.