#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA | “Cales son os límites entre a verdade, a memoria, a identidade e a mentira?”
Nesta obra, hai un mago e o seu axudante que empregan todos os métodos ridiculamente inimaxinables para cobrar a pensión dunha nai falecida. Un agricultor que manipula a súa memoria para cobrar unha indemnización millonaria. Un defraudador encantador con mil identidades que saquea ao seu contorno máis próximo. Unha farsa en tres actos sobre a cambiante natureza da verdade. A prestixiosa compañía Titzina inicia no FIOT a xira do seu último espectáculo, que na edición 34 do festival tivemos o privilexio de coñecer nunha lectura dramatizada a cargo de Diego Lorca e Pako Merino.
Fieis ao seu inconfundible estilo, mergúllanse na realidade a través dun exhaustivo proceso de investigación para acompañarnos nunha viaxe poética e irónica ao máis profundo do ser humano, neste caso, cuestionando os límites entre a memoria, a identidade, a mentira e a verdade. Realidade e ficción confúndense neste xogo escénico compartido co público que deixa máis preguntas que respostas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.