#35 FIOT | ESTREA ABSOLUTA | COPRODUCIÓN FIOT |
“Un espectáculo rápido coma o vento, silencioso coma unha fraga, feroz coma o fogo e inmóbil coma unha montaña”
Reis, xenerais, concubinas, espías, magnates, adestradores de fútbol, avogadas matrimoniais e outras xentes complicadas en singulares conflitos humanos conforman un retablo urxente dun mundo en colisión no que rexurde o belicismo, e protagonizan unha saborosa sátira da nosa época.
Se todo é unha guerra… mellor tomala con humor. Inspirándose no lendario tratado de Sun Zi, A arte da guerra transforma a sabedoría militar chinesa nesta farsa feroz e irreverente sobre un mundo atravesado polo poder, o engano e os conflitos de toda condición.
Volve a mítica compañía Mofa e Befa fiel ao seu particular «perralleirismo» e á súa capacidade para facer da ironía e da gargallada as súas mellores armas. Porque, se hai un inimigo ao que derrotar, téñeno claro: o aburrimento.
*Ao inicio da función celebrarase o acto de entrega do Xograr de Outono 2026 a Antonio Porteiro
*FIOTeen: preestrea co alumnado de Secundaria. Xoves 22 de outubro, ás 11.00 h, no Pazo da Cultura.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.