A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Programa de Sala: “Libres!!!” de Teatro del Barrio

17/10/2026
20:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA | “Que queda hoxe daquela rebeldía, daquela alegría de vivir e daquela vontade de cambiar o mundo?”

Mujeres Libres foi unha organización anarcosindicalista que fixo tremer os cimentos da sociedade en tempos da Guerra española do 36, defendendo a emancipación feminina, o antifascismo e a revolución social. Neste tempo saturado de narrativas de colapso e distopía, a galega Esther Carrodeguas reivindica a potencia da utopía alegre a través dun cabaret anarcosicalíptico, cheo de humor corrosivo, música e cancións, traendo ao presente a esas mulleres ousadas e rebeldes que, en pleno caos bélico e patriarcal, desafiaron as normas e comprometéronse coa liberdade e a igualdade desde a alegría.

Alba Flores encabeza o reparto desta vitalista proposta dirixida polo prestixioso Andrés Lima que racha co colapso da imaxinación política no que nos atopamos.

* Produción en colaboración co Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade

  • Sábado 17 de outubro
  • 20.00 h
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 15 €
  • Público adulto
  • Duración: 90 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.