#35 FIOT | “Odiseo foi un xenio da estratexia ou simplemente un espelido con tendencia a meterse en leas?”
Todo comeza nesa familia disfuncional que habita o Olimpo. Veñan descubrir as aventuras, os naufraxios e os malentendidos divinos que converteron a Odiseo no heroe máis canso da mitoloxía grega. Unha historia de astucia, teimosía e resistencia, cun final que ata o propio Tiresias gozaría desvelando. Prepárense para presenciar ao noso heroe enfrontándose a monstros e deuses de mal xenio.
Nesta versión artesanal da Odisea a Companhia do Chapitô, un dos referentes do teatro portugués, desmonta a épica viaxe, mesturando xogo teatral con comedia de equívocos, mitoloxía e disparates.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.