A web oficial do concello de Carballo

Convocatoria de sesión plenaria correspondente ao mes de agosto

07/09/2026
20:30
Salón de plenos

1.- Toma de posesión da concelleira do grupo municipal do PP Lucinda Serrano Tasende

Parte resolutiva:
2.- Acta da sesión anterior (27/07/2026). Aprobación.
3.- Convenio de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e os corpos da Policía Local para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero (VIOGEN). Aprobación (CIRIAX de 01/09/2026)
4.- Modificación puntual número 11 do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Aprobación inicial. (CIPUM de 01/09/2026)
5.- Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal adicional 2/2026 (2ª fase do POS+ADICIONAL 2/2026) da Deputación Provincial da Coruña. Aprobación (CIFEC de 01/09/2026)
6.- Recoñecemento de compatibilidade do emprego público con actividades no sector privado dun traballador da Brigada Municipal de Obras do concello de Carballo.
7.- Declaración de compatibilidade para o desenvolvemento dun segundo posto de traballo no sector público da profesora de percusión do Conservatorio Municipal de Música. Aprobación (CIFEC de 01/09/2026)

Parte de control
8.- Informe do Consello de Contas de Galicia de fiscalización das obrigas de remisión de información das entidades locais de Galicia. Dación de conta.
9.- Informe da información rendida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en cumprimento do artigo 16 da Orde MAP/2015/2012 de 1 de outubro. Execución do segundo trimestre do 2026. Dación de conta.
10.- Informe da Tesourería e Intervención municipais sobre o cumprimento dos prazos establecidos na lei 15/2010 de 5 de xullo, de modificación da lei 3/2004 de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, correspondentes ao segundo trimestre de 2026. Dación de conta.
11.- Resolucións da alcaldía:
Resolucións ditadas entre o día 22/07/2026 núm. 2102 e o día 31/08/2026 núm. 2413
12.- Acordos da Xunta de Goberno Local
Actas de sesións de XGL de 13/07/2026, 27/07/2026 e 10/08/2026.
13.- Rogos
14.- Preguntas