A web oficial do concello de Carballo

A EOI de Carballo mantén aberto ata o 18 de setembro o prazo de matrícula para o novo curso

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Carballo mantén aberto ata o 18 de setembro o prazo de matrícula para o novo curso, cunha ampla oferta formativa que permite tanto iniciarse na aprendizaxe dun idioma como continuar avanzando ata niveis superiores.

A oferta da EOI de Carballo abrangue alemán, francés, inglés e español como lingua estranxeira, con diferentes niveis adaptados aos coñecementos previos do alumnado.

En concreto, para este curso ofrécense:

  • Alemán: A1 e B1.1
  • Francés: desde A1 ata B2.2, ademais de cursos de conversa nos niveis B1 e B2
  • Inglés: desde A1 ata C2
  • Español como lingua estranxeira: A2