A Aula CeMIT presenta unha nova proposta aberta a maiores de 14 anos e sen límite máximo de idade.
O sábado 19 de setembro pola tarde realizarase un obradoiro de ficción interactiva, unha sesión práctica de tres horas na que as persoas participantes aprenderán a construír as súas propias historias ao estilo dos clásicos libros de “escolle a túa aventura”, nos que cada decisión conduce a un percorrido diferente.
Para facelo utilizarán Twine, unha ferramenta gratuíta que permite crear narrativas interactivas sen necesidade de ter coñecementos previos de programación. Ao remate do obradoiro, cada participante poderá dispoñer dun relato propio que poderá xogarse directamente desde un móbil ou ordenador e mesmo publicarse en plataformas especializadas como itch.io.
O taller estará impartido pola carballesa Sara Pérez, artista de efectos especiais para videoxogos desde 2019, con experiencia en empresas nacionais e internacionais. Foi tamén docente no Máster de Desenvolvemento de Videoxogos da Universidade de Málaga e é a directora da Atlantic Games Conference, da que levamos celebradas xa dúas edicións en Carballo.
Inscricións nas oficinas municipais do segundo andar do Fórum Carballo ou aquí, na web da Aula CeMIT.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.