A web oficial do concello de Carballo

O espectáculo “Unha señora orquestra” protagoniza a presentación do programa do 35 FIOT

04/09/2026
19:30
Pazo da Cultura

Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, presenta a programación escénica da súa 35ª edición. A cita será a partir das 19.30 horas no auditorio do Pazo da Cultura e conta coa participación dos representantes do Concello de Carballo, a dirección do festival e as entidades patrocinadoras (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Fundación Luis Calvo Sanz), que estarán acompañados por socios de Telón e Aparte, compañías e artistas participantes, prensa e convidados. O acto está aberto a todos os públicos que desexen sumarse, xa que, o espectáculo Unha señora orquestra, da compañía Torta Torta, poderá verse durante o acto de presentación deste #FIOT35, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Unha señora orquestra é o proxecto de muller orquestra que presenta a música e actriz Ailén Kendelman. Unha proposta singular na que a artista acciona varios instrumentos a través dun curioso sistema de mecanismos, cordas e roldanas cos que interpreta con habilidade ritmos galegos, músicas do leste e folclore latinoamericano.O público que entra no mundo de Unha señora orquestra forma parte dun espectáculo cheo de humor e tenrura, move o esquelete con temas bailables e chalados, canta con ela as súas letras reivindicativas e un chisco picantes. Nestes tempos onde impera a “multitarefa” e a intelixencia artificial ameaza con gobernalo todo, poucas cousas hai tan contemporáneas e nostálxicas como un encontro con esta muller orquestra.

Non hai campos definidos para este produto.